El Concello, la Deputación y la UDC impulsan la Ciudad de las TIC

Compartir

 

El Concello, la Deputación y la UDC dan un paso firme para constituir una sociedad de gestión de la Ciudad de las TIC.

Concello, Deputación e UDC dan un paso firme para
constituír a sociedade de xestión da cidade das TIC e elaborar un plan director. “A
Cidade das TIC é un proxecto estratéxico para A Coruña, onde a implicación da
Universidade, o Concello, a Deputación Provincial e a Xunta é fundamental para o
seu impulso e consolidación” explicou o voceiro do Goberno Local da Coruña e
concelleiro de Economía, José Manuel Lage.

Esta mesma tarde, a Deputación aprobou o devandito convenio cos votos a favor de
PP, PSOE e BNG e a abstención da Marea (un convenio que o Goberno local
elevará a Xunta de Goberno local) e que ten por obxecto sentar as bases da
colaboración entre as partes para dinamizaren a construción e dotación da Cidade
das TIC, de xeito que se poida materializar no menor espazo de tempo posible.
“Tanto Inés Rey como Valentín Formoso apostaron desde o primeiro día polo

proxecto que capitaneou Julio Abalde desde a Universidade. Agora estamos dando
os pasos necesarios para constituír a sociedade de xestión da Cidade das TIC e coa
aprobación deste convenio por parte de todas as institucións impulsaremos o plan
director” sinalou José Manuel Lage. A posta en marcha da estrutura de gobernanza
formalizarase a través dunha sociedade pública en que se integrarán todas as
institucións públicas que poden contribuír tanto na fase dos investimentos iniciais
como en fases posteriores. Ademais, as actuacións previstas realizaranse nun
período de 12 meses desde a firma do convenio polas partes integrantes.

A planificación estratéxica da Cidade das TIC, que supón un investimento moi
elevado, tórnase nun aspecto fundamental para asegurar unha axeitada viabilidade
e sustentabilidade.

O orzamento para a execución das actuacións previstas no presente convenio é de
180.000 euros, dos que o Concello aportará case a metade cun total de 75.600
euros, o que representa o 42% do total. O IGAPE financiará a Cidade das TIC con
36.000 euros, o que supón o 20% e idéntica cantidade será aportada pola
Deputación. A UDC destinará unha aportación máxima de 30.600 euros (o 17%) e o
Cluster achegará 1.800 euros (o 1%).

Co Plan Director, poderase analizar o contexto tecnolóxico, social, cultural e
normativo en que se encadra a Cidade das TIC e mais avaliar a contribución desta
infraestrutura particular tanto para o sector TIC como para o conxunto dos sectores
produtivos que teñen nas tecnoloxías a súa principal ferramenta de innovación e
competitividade. Como resultado, obterase un Plan Estratéxico que resumirá o fin e
a misión da Cidade das TIC así como os seus obxectivos a curto e medio prazo,
unha planificación das actuacións e investimentos a realizar na posta en marcha do
complexo nos próximos anos e un plan de xestión da cidade e das súas
infraestruturas, co deseño dun modelo de negocio sustentable e un plan de
sustentabilidade económico-financeiro.

Por outra banda, constituirase a nova sociedade xestora da Cidade das TIC e
cuantificaranse as achegas económicas por parte das administracións públicas que
a integran. No marco desta actuación estudaranse as diferentes fórmulas xurídicas
de interese e tramitaranse os diferentes pasos de cara a constitución da sociedade
pública: elaboración do plan de actuación, estatutos, xestión da inscrición ante o
rexistro e notaría.

A concelleira Mónica Martínez presidiu esta mañá xunto co reitor Julio Abalde a
comisión informativa sobre a Cidade das TIC, en que abordaron os principais
avances do complexo, en que destacaron que unha vez se teña o proxecto
construtivo do centro de servizos avanzados, sairá inmediatamente a concurso. O
reitor sinalou que este edificio servirá de plataforma para que as empresas da
contorna comproben a eficacia de solucións TIC e remarcou a importancia do
campus tecnolóxico, que dará cabida a catro laboratorios. Comentou que todas as
empresas que necesitan ter intelixencia artificial ou que xa a teñen contarán cun
espazo de traballo e con demostradores para estudaren as posibles aplicacións.