A Fundación María José Jove reabre as exposicións

Compartir

A sede da Fundación María José Jove reabre a súa sala de exposicións, limitada a grupos reducidos e seguindo as directrices de seguridade contra a propagación da COVID-19. A colección de arte poderá visitarse con cita previa e en grupos dun máximo de 8 persoas. A visita poderá desenvolverse «á carta» -escollendo autores, épocas e temas concretas- ou de forma guiada e comentada.

O programa de Arte y Salud, pola súa banda, retomarase a partir da semana que vén. Esta iniciativa desenvolverase en grupos reducidos, manténdose a modalidade a diatancia para colectivos de centros de atención á diversidade funcional, maiores e persoas en risco de exclusión social. O programa Arte y Salud atende actualmente a 7.000 persoas de toda a provincia, empregando a arte como ferramente de mellora dos niveis de participación, axuste social e calidade de vida dos participantes.

Tamén se porá en marcha o programa de atención sociosanitario para familias con menores de 6 anos en situación de risco social PEQUES. O programa ESFUERZA Verano, pola súa banda, que está coorganizado pola Fundación La Caixa e conta con actividades de vela e piragüísmo, xa comezaron esta semana.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *