2020: o ano sen San Xoán

Compartir

A cancelación dunha das grandes festas da cidade é practicamente un feito a falta de confirmación oficial, segundo se desprende das palabras da alcaldesa, Inés Rey, hoxe en Radio Coruña. A rexedora recoñeceu que a crise sanitaria provocada pola expansión do coronavirus COVID-19 e as medidas de contención do contaxio que prebisiblemente se prolongarán moito tempo despois do do confinamento fan practicamente imposible que a festa teña lugar. O Concello, porén, agardará para a comunicación oficial a posteriores comunicacións do Goberno central, que será quen deseñe o marco xeral e a s etapas do desconfinamento. Os grandes eventos serán, a curto prazo, imposibles.

Na Comunidade Valenciana, Alacant xa anunciou o adiamento do seu San Xoán, tamén de grande sona, ata setembro. En Pamplona, os San Fermines foron suspendidos, polo que será a quinta vez na historia das festas que non teñan lugar.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *