Volve BiciCoruña

Compartir

O coronavirus parece estar cambiando moitas convencións e mentalidades. A asunción de que o futuro esixe unha aposta polo desenvolvemento sustentable e as medidas de hixiene e distanciamento social parece ser un novo punto de encontro entre persoas, institucións e axentes sociais. O Concello anunciou hoxe que, dado que as bicicletas «son un medio de transporte máis seguro e adecuado para evitar a concentración de persoas noutros medios de transporte público, ao facilitar o distanciamento social», reactivará desde mañá o servizo de alugamento de bicicletas de uso público municipal BiciCoruña». Para iso, estableceuy un protcolo de limpeza para o seu uso e recordou que só serven para desprazamentos xustificados, como o traballo ou o médico, en coherencia coas medidas do estado de alarma.

O protocolo do servizo aposta por reforzar as medidas de limpeza e desinfección das bicicletas e das instalacións co obxectivo de «garantir a seguridade da cidadanía». Por iso, as luvas serán de emprego obrigatorio para conducir unha destas bicis. Ademais, as e os usuarios evitarán tocar a estación aparca-bicicletas e as partes das bicicletas que non sexan necesarias para poder conducilas. A empresa xestora adoptará as medidas necesarias para que o persoal traballador de Bicicoruña en contacto co servizo cumpra todas as medidas sanitarias preceptivas para desempeñar as súas funcións na reparación de bicicletas e mais na repartición destas polas estacións da cidade.

Durante as semanas de suspensión do servizo, esta empresa pública,EMVSA, limpou e desinfectou todas as bicicletas. Fixo o mesmo coas bases de estacionamento, furgonetas de repartimento e o resto das infraestruturas, empregando sempre produtos desinfectantes homologados. Estas tarefas continuaranse desevolvendo a diario coa finalidade de reducir e minimizar, na medida do posible, os riscos para as persoas usuarias e evitar contaxios.

Dar facilidades na reactivación dos sectores
Por que agora? O Concello considera que, coa reactivación por sectores froito das medidas decretadas polo Goberno central, é preciso «facilitar a mobilidade da veciñanza dunha maneira segura». Entenden que a aposta por este medio individual de transporte permite garantir a distancia de seguridade entre persoas para evitar novos contaxios.

A reapertura efectuarase de maneira gradual para os usuarios habituais e tamén para aqueles que se dea de alta a partir mañá, segundo as demandas detectadas. As persoas usuarias poderanse informar na web do servizo.

As estacións reabriranse de luns a venres, das 7.30 ás 20.30 horas. O horario do
sábado será de 7.30 a 14.30 horas. O domingo e o resto dos festivos permanecerán
cerradas. Nun primeiro momento, instalaranse só tres bicicletas en cada estación.

A Policía Local será a encargada de velar porque as persoas usuarias cumpran as normas. Pola contra, poderán ser sancionadas e mesmo poderían retirarlles o abono de BiciCoruña se incumpren as indicacións. Recoméndase levar durante os traxectos un documento que xustifique o desprazamento, e tamén usar unha máscara de protección. Até que finalice o estado de alarma, os abonos anuais dos usuarios prorrogaranse desde o peche do servizo (13 de marzo de 2020), sen ter que contactar con atención ao cliente ou rexistrar unha incidencia.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *