‘Tendas a exame’ en Catro Camiños

Compartir

A nova edición do Programa «Tendas a exame» transcorrerá nesta ocasión na zona de Catro Camiños-A Gaiteira, tras as edicións en Monte Alto-Orzán, os Mallos-Falperra e as Conchiñas-Rúa Barcelona. O programa buscará resolver as necesidades de 30 establecementos, cuxo desempeño avaliará. Os locais que participarán son comercios de proximidade que non pertencen a grandes cadeas nin están localizados nunha superficie comercial. No programa municipal recibirán recomendacións de medidas e accións en aspectos esenciais do negocio como o escaparatismo, a atención á clientela ou loxística e xestión. Os locais recibirán a visita durante varios días dunha persoa especializada que os asesorará sobre como mellorar.

O programa busca establecer unha boa cultura de negocio entre os locais participantes, así como informalos sobre as posibles subvencións ás que concorrer no futuro. A Concellería de Comercio está a visitar locais que poidan integrar o programa. As tendas interesadas poden escribir a tendasaexame2020@gmail.com. Tras comprobar o cumprimento dos requisitos entre os comercios inscritos, realizarase unha selección para priorizar os que necesitan máis melloras.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *