Suspendido o cobro da ORA

Compartir
Resultado de imagen de zona azul

A partir deste luns, 16 de marzo, ás 10h, quedará suspendido o cobro do estacionamento regulado con limitación horaria, a ORA, unha medida que se prolongará ata as 10.h do 27 de marzo, en todo o municipio O Goberno local decidiu inhabilitar desde hoxe o servizo «para evitar contaxios nas persoas propietarias de vehículos cando adquiran o ticket e contribuír así a que se cumpran as medidas de confinamento que estableceu o executivo central». O Consistorio pretende evitar ao máximo a propagación do virus na Coruña, a cidade con máis casos rexistrados de Galicia.

Desde o luns poderase ler nos distintos parquímetros repartidos pola cidade un texto que indica que «como medida para a contención da propagación do Covid-19, deíxase sen servizo o regulamento da zona ORA ata novo aviso».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *