O Concello continúa a apostar pola peonalización

Compartir
A alcaldesa Inés Rey conversa con veciñas da cidade. Fotografía: Concello da Coruña

A alcaldesa, Inés Rey, visitou na tarde de hoxe, acompañada polo concelleiro Juan Manuel Díaz Villoslada, a rúa Liaño Flores tras a súa reforma. A actuación municipal foi dirixida a permitir un tránsito peonil máis confortable polas beirarrúas ao gañar para estas cinco e tres metros, respectivamente.

Durante a súa visita, Rey e Díaz Villoslada atenderon as peticións das asociacións veciñais e percorreron a vía que evita a dobre fila ao reducir a un caril o tramo entre as rúas Mosteiro de Caaveiro e Antonio Pedreira Ríos. O Concello defende que mediante esta reurbanización se consegue máis espazo verde para as persoas residentes, o que redunda nunha mellor calidade de vida da veciñanza. A obra permitiu colocar 17 bancos e unha ducia de novas árbores na área, así como renovar o mobiliario urbano. A alcaldesa sinalou en declaracións aos medios que o Concello continuará adiante coa súa aposta pola «sustentabilidade e a renuncia ao transporte particular».

La reurbanización se traduce en más verde y calidad de vida para las personas residentes ya que el ensanche de las aceras propició la colocación de 17 bancos y de una docena de árboles. Rey valoró positivamente que en Liaño Flores se triplicara el espacio para los y las viandantes, una medida que -dijo­- trasladarán a otras calles en una apuesta por la sostenibilidad y la renuncia al transporte particular.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *