Reunión ao aire libre do PP cos afectados pola ampliación do hospital

Compartir

A plataforma de veciños afectados pola construción do Novo Chuac e representantes do PP mantiveron unha reunión na tarde de onte onde os populares se comprometeron a «trasladar as demandas dos veciños tanto ao Concello como á Xunta». A veciñanza quere saber, fundamentalmente, o motivo da elección da localización do novo hospital.

O encontro, ao que asistiron o presidente do PP local, concelleiro e candidato ao Parlamento, Martín Fernández Prado, así como o portavoz popular no Concello, Roberto Rodríguez, e mais o concelleiro Antonio Deus, tivo lugar nas gradas do campo de Eirís. Fernández Prado aproveitou a reunión para expor a situación do proceso administrativo, recordando que o borrador do convenio entre Xunta e Concello está «desde hai case dous meses» en mans do Goberno local, polo que agarda que se rubrique axiña «o investimento máis importante na cidade en moitos anos».

Os populares reiteraron que tratarán de que o proxecto afecte ao mellor número de veciños durante os traballos posteriores de consultoría. Comprometéronse, finalmente, a trasladar ás administracións as demandas da veciñanza «coa fin de comprobar a súa viabilidade».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *