Realoxadas dúas familias da Conserveira Celta

Compartir

A Concellería de Benestar Social realoxou esta mañá dúas familias da Conserveira Celta, formadas por sete persoas adultas e tres nenos, tal e como marca o procedemento polo que o mesmo día de demolición das chabolas as persoas afectadas son conducidas ao seu novo fogar. Desde que comezou o mandato, o Goberno local xa lles deu unha solución a cinco núcleos familiares do poboado da Pasaxe e na actualidade quedan un total de 17 residindo alí, cos que se está traballando desde a concellería para realoxalos no sucesivo. As familias desta mañá, como o resto das que xa marcharon do asentamento, asumiron as obrigas que van implícitas ao seu compromiso adquirido. Benestar Social está dándolles prioridade a aquelas que teñan menores de idade.

Ademais, tiráronse outras dúas construcións máis que estaban abandonadas, logo de recibir os informes correspondentes en que a Policía Local, e tras realizar un seguimento exhaustivo, confirmou que non vivía ninguén nelas desde hai tempo. Algúns membros dunha familia das que xa non está no poboado acudiron á conserveira e ante a presenza dos axentes mantiveron unha actitude hostil que provocou un pequeno altercado cos policías municipais.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *