Obras no parque dos Rosales

Compartir

O Concello anunciou hoxe a súa intención de acometer en breve obras de mellora do parque infantil da Praza Elíptica do barrio dos Rosales «co obxectivo de optimizar a dotación de xogos infantís mediante a ampliación e renovación da actual área existente», intervención que xustifican pola «significativa demanda dos nenos e nenas». O Goberno local promete a creación dun novo parque infantil «moderno e innovador» que procura crear un «espazo singular» no corazón do barrio.

As obras previstan contemplan a retirada dos elementos de xogo infantil que serán substituídos por novos xogos e mobiliario urbano, así como a demolición do canto rodado para instalar no seu lugar pavimento de caucho continuo e céspede artificial. Na zona de lecer dos máis pequenos instalarase uha randeeira berce, mentres que na área de maiores se situará unha nova randeeira múltiple e mais un elemento de xogo dinámico.

A Concellería de Urbanismo e Infraestruturas sostén que os novos xogos aumentarán «considerablemente» a oferta actual do parque. Neste sentido, argumentan que a actuación é unha vella demanda da veciñanza.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *