Cambio nas axudas á rehabilitación

Compartir

A Xunta de Goberno Local ordinaria do mércores 11 aprobará o proxecto de ordenanza reguladora da concesión de axudas para a conservación e rehabilitación de edificios de vivendas na cidade. O Goberno local acomete así unha revisión profunda da ordenanza ata co obxectivo de simplificar o procedemento da concesión de axudas. O Concello xustifica a modificación tamén na necesidade de manter «o control económico das obras», así como «unha determinación e cuantificación mais polo miúdo dos seus obxectivos».

As numerosas modificacións que experimentou a ordenanza causaron, para o Goberno local, «unha certa disfunción no seu articulado, que dificulta a súa interpretación pola cidadanía». Os socialistas sinalan que » adificultade na tramitación das últimas convocatorias realizadas nos anos 2017 e 2018 está a amosar claramente as debilidades desta ordenanza para facilitar procedementos áxiles para a concesión das axudas e para comprobar o executado e os seus importes».

Campamentos municipais
A mesma Xunta de Goberno Local servirá tamén para aprobar á prórroga do contrato de servizos de campamentos municipais urbanos en centros cívicos para nenas e nenos de 4 a 16 anos durante o verán e o Nadal. O concurso das licitacións de campapmentos de día e campamentos tradicionais abrirase en breve.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *