O Castro de Elviña líbrase das últimas torres

Compartir

A paisaxe do Castro de Elviña perderá un dos seus máis polémicos elementos. As últimas torres eléctricas que durante anos degradaron a vista da contorna comezaron a ser retiradas no día de hoxe. Os traballos de demolición das bases e retirada de cableado marcan o fin dunha vella reclamación veciñal que se prolongou por máis de cinco décadas.

O Concello asinou en novembro do ano pasado un acordo con Unión Fenosa para o soterramento das liñas eléctricas. A compañía aceptou tender o cableado nas canalizacións de titularidade municipal e responsabilizarse do seu mantemento.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *