O BNG pide quitar os últimos vestixios do franquismo en letreiros da cidade

Compartir

A edil do BNG Avia Veira dirixiu hoxe unha pregunta por escrito ao Goberno Local na que identifica restos do franquismo aínda vixentes nas sinalizacións e letreiros coruñeses, como é o caso dos que indican a dirección cara á «Avenida Xeneral Sanjurjo» ou á «Praza Millán Astray». Veira pide ao Goberno local que proceda a retiralos para evitar a perpetuación dos «nomes franquistas do rueiro que se retiraron no pasado mandato», en aplicación dun acordo plenario de 2009. «Esta sinalización, ademais de perpetuar nomes franquistas, pode confundir as persoas que veñen de fóra da cidade e non coñecen o rueiro», recorda a concelleira nacionalista.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *