Novas prazas verdes preto da Praza de Galicia

Novas prazas verdes preto da Praza de Galicia
Compartir

As persoas residentes contarán con máis prazas de estacionamento na contorna da Praza de Galicia. Estas prazas obteranse a partir das 32 que o Tribunal Superior de Xustiza tiña reservadas nas rúas Ferrol, Notariado e Arcebispo Lago. O Concello xustifica este cambio nas obras de humanización da rúa Pintor Joaquín Vaamonde e a «necesidade de aumentar o espazo de estacionamento para as persoas residentes na zona».

De agora en diante, xa que logo, 22 destas 32 prazas quedarán ao dispor da veciñanza todas as tardes laborables e durante o fin de semana. Sumaranse ás mesmas outras 3 ou 4 prazas co traslado do estacionamento de motos da praza de Galicia á rúa Notariado

O Concello lembra que aínda que a ampliación dos espazos públicos e as peonalizacións poida supoñer a perda de prazas para aparcar en superficie, «estase a darlle prioridade ás persoas residentes, aumentando as prazas de zona verde e poñendo en marcha outras medidas correctoras».

Deste xeito, e desde mañá, 18 prazas de Arcebispo Lago e 11 da rúa Ferrol serán para o TSX de 7.30h a 15.30h durante a semana. As de Arcebispo Lago serán prazas verdes fóra dese horario, mentres que as da rúa Ferrol serán azuis, integradas no sistema ORA.

Na rúa Notariado, das 9 prazas na beirarrúa dos números pares 5 serán para o TSX permanentemente e as outras 4 no mesmo horario que nas outras rúas. Fóra dese tempo, serán prazas verdes residentes. Estes últimos cambios terán lugar cando finalicen as obras de saneamento que se están realizando na rúa e se pinte a calzada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *