Moratoria de alugueiros nos pisos municipais en situación vulnerable

Compartir

O Concello fixo público hoxe que aplicará, como entidade pública de vivenda, a moratoria da débeda arrendaticia regulada no Real decreto-lei do 31 de marzo, a aquelas e aqueles inquilinos de pisos de titularidade municipal que se atopan nunha situación de vulnerabilidade económica a raíz do confinamento polo Covid-19.

Segundo establece a norma, a Concellería de Vivenda concederalles a prórroga no pago ás persoas que a soliciten no prazo dun mes desde a súa entrada en vigor e que acrediten ademais a súa situación crítica como consecuencia da emerxencia sanitaria actual.

Así mesmo, amplía o dereito a solicitaren a moratoria a aqueles inquilinos e inquilinas que conten con contratos de alugueiro anteriores ao 1 de xaneiro de 1995, data da entrada en vigor da Lei de arrendamentos urbanos. Para poder beneficiarse do dereito, deberán encontrarse igualmente en situación de vulnerabilidade económica e acreditalo. Toda esta información está subida no BOE (Boletín Oficial do Estado) desde a semana pasada.

Dado que os rexistros municipais están pechados en aplicación do protocolo asinado o 15 de marzo canto ao funcionariado e co fin de lle facilitar á cidadanía o procedemento, esta poderá achegar os documentos esixidos telematicamente ou remitindo un correo electrónico a rehabilitaciónvivenda@coruna.es, con independencia de que posteriormente se lle requiran os documentos para comprobalos ou emendalos.

O concello é propietario de 410 vivendas, bens de carácter patrimonial que ten alugados ou cedidos na súa maior parte.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *