Labañou cambia de rostro

Compartir
Representación do proxecto. Fonte: Concello da Coruña

O proxecto do Concello para reurbanizar o espazo público do grupo de vivendas de María Pita en Labañou «garantirá a accesibilidade en todo o barrio» e «permitirá mellorar o aspecto urbano desta zona» dando «priorirdade aos espazos peonís». Estes son algúns dos eixes da proposta que o Goberno local vén de presentar e pretende licitar a finais deste ano. O concelleiro de Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, presentou o proxecto no barrio, onde asegurou que «este proxecto responde ao compriso do Goberno local cos barrios e cos grupos de vivendas sociais».

Díaz Villoslada xuntouse cos veciños o día 22 para presentarlles o anteproxecto, do estudio de arquitectura RVR, e garantir que mediante a intervención se incrementará a accesibilidade e seguridade da zona. Na reunión estiveron presentes parte do equipo redactor, a
directora da área de Urbanismo e o xefe do Servizo de Rehabilitación e Vivenda. O traballo realizarase en varias fases, sendo a primeira licitada a finais deste ano.

O Concello defende que o plan mellorará a calidade urbana da zona, «apostando por rúas en plataforma única de preferencia peonil, maior número de árbores e zonas verdes e dúas zonas de xogos infantís». Está prevista a instalación de dúas pérgilas, unha na parada do autobús e a outra na zona infantil. O concelleiro explicou que o proxecto obrigará a realizar algunhas modificacións como a recolocación das prazas de aparcamento. A intención é manter o número existente, pero
levándoas ás rúas perimetrais. Deste xeito, os espazos interiores serán zonas de estancia e de xogo.

Para garantir a accesibilidade total das rúas e espazos públicos do barrio, prevese a instalación de ramplas que comuniquen as diferentes plataformas en que se organizan os bloques de vivendas e o cambio de rasantes dalgunhas das rúas. Contémplase igualmente a instalación de ascensores nos diferentes bloques, a cargo de cada comunidade de propietarios con subvencións da Área de Rehabilitación Integral por un valor de ata o 80%.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *