A veciñanza lembra a Elvira Bao

Compartir

A Asociación Veciñal Francisco Rodríguez Otero organiza unha charla sobre a figura de Elvira Bao que terá lugar na tarde de mañá venres. A profesora e escritora Mercedes Queixas achegará a figura da republicana e galeguista, mestra represaliada polo franquismo.

Bao foi profesora na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza ata 1936, cando ascendeu ao cargo de directora. Foi militante das Irmandades da Fala da Coruña e unha activa militante nas causas do republicanismo e do galeguismo. Cabe destacar tamén o seu papel como presidenta da primeira xunta directiva da Agrupación Republicana Feminina da Coruña. Todas estas inquedanzas e implicacións políticas foron o motivo do seu encarceramento polas autoridades franquistas logo do golpe de Estado, cando foi apartada da docencia. En 1945 abriu a súa propia escola privada na súa casa do barrio de San Roque de Fóra, lugar ao cal quedou fondamente ligada. Desde 2017 é lembrada cunha praza e unha residencia universitaria.

A conferencia terá lugar no local da asociación (Ronda de Outeiro, 396), detrás do centro cívico de Labañou.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *