Como celebrar xuntas veciñais no tempo da COVID-19?

Compartir

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (Coafga) presentaron onte unha guía con recomendacións preventivas para poder celebrar xuntas veciñais coas máximas garantías sanitarias duante a pandemia de COVID-19. O protocolo, a disposición do colectivo de administradores para consultar e resolver dúbidas, presenta consellos e medidas de hixiene e limpeza e para a organización das xuntanzas que se deben adoptar antes da celebración, durante a mesma e tamén ao seu remate.O documento recolle unha serie de consellos entre os que salientan varios.En primeiro lugar, evitar reunirse en lugares que dificulten manter a distancia de seguridade de 1,5 metros -garaxes, portais ou zonas de paso-.Recoméndase establecer sistemas de control de acceso ordenado e que impidan posibles aglomeracións.Aconsellan distribuír o espazo para que toda a xente que asista poida estar sentada.O uso de máscaras será obrigatorio, así como garantir medidas de hixiene, limpeza e desinfección adaptadas ao actual contexto sanitario -poñer a disposición dos asistentes solucións hidroalcohólicas, ventilar o local antes e despois da reunión ou evitar repartir material impreso-.Cómpre lembrar que, legalmente, é obrigatorio celebrar este tipo de reunións polo menos unha vez ao ano, ao tempo que determinados acordos importantes para o bo funcionamento das comunidades tampouco se poden aprazar, como a renovación dos cargos directivos ou a aprobación dos orzamentos. As autoridades autonómicas recordan «o papel chave que xogan os administradores de fincas á hora de facilitar o día a día da xestión das comunidades de propietarios», e inciden no “importante apoio” que ofreceron nos últimos meses ás familias e especialmente ao colectivo das persoas maiores á hora de informar e axudarlles a resolver todo tipo de asuntos e xestións relacionadas coas súas vivendas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *