‘Cociña cos teus maiores’ une grandes e pequenos na cociña

Compartir

O centro cívico do Castrillón acolle desde onte Cociña cos teus maiores, unha actividade gratuíta que vai rotar polos distintos edificios municipais da cidade e que abordará o receitario en función da época do ano na que se celebre, de xeito que se organizará naquelas nas que haxa algún tipo de gastronomía típica para que as persoas maiores lles ensinen aos pequenos e pequenas de xeito voluntario os segredos da cociña máis tradicional.

A primeira cita xirou en torno ao Entroido coa elaboración de filloas e orellas entre a rapazada e as persoas maiores que se achegaron ao centro. Desde Benestar Social están programadas outras máis coincidindo coa Semana Santa e o Nadal.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *