Arranxo do firme da pista de baloncesto na Praza Elíptica

Compartir

A pista de baloncesto da praza Elíptica dos Rosales está a ser obxecto de obras de reforma durante esta semana. A pista presentaba malas condicións no seu firme logo de anos de abandono. A veciñanza solicitou o arranxo desta infraestrutura, moi utilizada pola rapazada da zona, na última xuntanza mantida co Concello.

A concelleira de Deportes, Mónica Martínez, sinala sobre esta intervención que é resultado de escoitar «as demandas da veciñanza» en canto a infraestruturas para a práctica de deportes. Comprometeuse a ir arranxando durante o presente mandato o conxunto das instalacións deportivas exteriores na cidade.


Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *