A rúa Pardo Bazán, peonil

Compartir

O tramo que vai de da praza Antonio Tenreiro á praza de Vigo da rúa Emilio Pardo Bazán seguindo o modelo que se utilizou nas rúas Compostela, Alcalde Marchesi e Monte das Moas. A partir de mañá só poderán circular pola vía os vehículos destinados á carga e descarga antes das once da mañá, así como as persoas residentes que queiran acceder aos garaxes.

Co fin de avisar á veciñanza, o persoal traballador instalará bordos e macetas que impedirán o paso do tráfico rodado. A alcaldesa, Inés Rey, explicou que a intención do Goberno local é «facer da Coruña un exemplo de sustentabilidade e que todos os barrios poidan gozar de espazos de convivencia».

Prazo temporal
Emilia Pardo Bazán será peonil ata o 15 de setembro, pero desde a Concellería de Mobilidade non descartan que esta medida sexa definitiva e que a rúa se una a outras peonalizacións dentro do plan Coruña Camiña. Con todo, a decisión non se adoptará sen consultalo coa veciñanza do barrio e presentar un plan que incluiría máis melloras.

Esta actuación responde a unha petición da hostalería da zona que solicitou ao  Concello que se cortase o tráfico e se ampliase o espazo para as peoas e os peóns sempre co compromiso de que se garantan as medidas sanitarias e de seguridade fronte á COVID 19, tal e como se fixo noutras zonas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *