A Asociación Veciñal Novo Mesoiro suspende a cota de 2020

Compartir

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Novo Mesoiro anunciou onte a súa decisión de proceder á exención da cota anual ordinaria ao conxunto das persoas socias. Faino entendendo que a pandemia da COVID-19 «da que aínda hoxe seguen a existir rebrotes en zonas moi achegadas ao noso barrio» producirá, como xa produciu ata agora, que «moitas persoas e familias teñan unha situación vital moi complicada».

A Asociación lembra que «Novo Mesoiro é un barrio composto por familias traballadoras, que xa sufriu o impacto da perda de postos de traballo consecuencia do paulatino peche das industrias da nosa comarca, Isowat, Hércules de Armamento, Meirama, Alcoa-Alu ibérica etc, ou do sector do telemarketing e centros de chamadas». Ante esta realidade, coidan «máis que oportuno» non pasar a cota correspondente a 2020, ao entender que se trata do seu «deber».

Esta exención non evitará continuar coa actividade cotiá, dentro das limitacións impostas pola pandemia. A principal modificación é que as Festas de Verán se adían ata 2021. O Magosto Samaín celebrarse en novembro e a actividade dos Xogos Lúdicos antes do Nadal se a situación o permite, en ámbolos dous casos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *