A Asociación Veciñal Agra de Orzán pide revisar o modelo eólico en Galicia

Compartir

Ata 57 colectivos veciñais, sociais e medioambientais de toda Galicia entre os que se atopa a Asociación Veciñal Agra do Orzán publicaron hoxe o manifesto «Aldeas con Horizonte» no que demandan a moratoria de novos parques eólicos. Piden ademais a revisión daqueles que xa foron aprobados «nos que haxa conflito social e/ou ambiental», así como a elaboración dun novo marco normativo «máis ordenado» e «sostíble» para este modelo enerxético. Consideran que estes parques son unha «ameaza» para o rural galego.

Proximamente, abrirán un change.org dirixido ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e ao vicepresidente segundo e conselleiro de Industria, Francisco Conde.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *