A Asociación de Veciños do Ventorrillo reunirase hoxe coa Alcaldesa

A Asociación de Veciños do Ventorrillo reunirase hoxe coa Alcaldesa
Compartir

Esta mañá, os veciños do Ventorrillo manterán unha reunión de traballo na sede da AVV (Asociación de Veciños do Ventorrillo) con varios membros do Goberno Municipal. Entre outros, alí estará a Alcaldesa, Inés Rey, o concelleiro de Infraestructuras e Urbanismo, Juan Díaz Villoslada, e a concelleira de Barrios, Diana Sobral. O obxectivo da reunión é falar de temas como a seguridade cidadá, medio ambiente e infraestructuras, os que máis preocupan no barrio neste momento.

Posteriormente, darase unha volta polo barrio para ensinarlle aos concelleiros as problemáticas que lles corresponden, e a súa evolución -que está pendente, que se mellorou, etc.-. A Asociación de Veciños fixo un chamamento para que, se alguén se quería unir á ruta non dubidara en facelo, e aproveitara a ocasión para falarlle aos políticos das súas inquedanzas e opinións.