Sábado de cultura en Labañou

Compartir

Mañá a Asociación de Veciños Francisco Rodríguez Otero de Labañou, San Roque, Cidade Escolar e Os Rosales organizan un sábado completiño de cultura. Será nas pistas da casa do Carmen, detrás do centro cívico de Labañou. Ás 12 terá lugar a presentación do último libro de Xurxo Souto: Recortes poderosos- Pangalaica.

A obra recolle oitenta pequenos relatos ilustrados. As historias e as persoas marabillosas que Xurxo Souto foi atopando nas súas viaxes por Galicia. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país.

E ás 13h Pablo Balseiro, músico do barrio, ofrecerá un concerto onde tocarán cancións do primer disco  «San Roque Pá» e adiantará algunha do novo disco.

Tamén haberá un obradoiro para a cativada, pero para que é necesaria inscripción. Nun ano diferente onde toca estar lonxe da xente querida, faise un obradoiro para que a cativada elabore unha tarxeta de nadal mediante distintas técnicas de artes plásticas e reciclaxe. O obxetivo é que os participantes disfruten e ademáis recuperen así unha tradición que ultimamente caeu en desuso. O obradoiro será realizado polo Tigre de Papel. Poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. Cada participante terá que levar a súa máscara e seguirase o protocolo anticovid necesario.

É necesario inscribirse mandando email a avvfranciscoro@gmail.com, contestaremos asignando unha quenda (serán de 15-20 minutos). As prazas son limitadas e asignaranse por orde de inscripción. Cada quendas será de 5 nenos acompañados con dous monitores.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *