Charla deportivista o xoves na Fundación ONCE

Compartir

«Conversar sobre o pasado, o presente e o futuro» do Deportivo e sobre «a súa importancia na cidade» é o obxectivo do acto aberto á cidadanía que organiza o Foro Cívico coa presenza do adestrador Fernando Vázquez e dos dous capitáns primeiros do club, Dani Giménez e Alba Merino. O coloquio terá lugar o xoves ás 19:30h na sede da Fundación ONCE no Cantón Grande, 3.

No coloquio estará presente tamén Eduardo López, Beci, antigo xogador e exdirectivo deportivista, para participar nunha charla moderada polo exdirector de deportes de RNE en Galicia, Moncho Viña.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *