Á venda as entradas para Alejandro Sanz

Compartir

Mañá saen á venda, a partir das 10.00 horas, as entradas para o concerto que Alejandro Sanz ofrecerá no Coliseum o vindeiro 25 de xuño. Poderanse adquirir no Corte Inglés, Eventbrite, na taquilla da praza de Ourense e na páxina oficial do artista www.alejandrosanz.com. Por primeira vez, para evitar actividades mercantís ilegais coas entradas, as localidades serán nominais, un procedemento que se irá instaurando paulatinamente en próximos espectáculos.

Cun cuarto premio Grammy na súa vitrina ao “Mellor álbum pop latino”, que o
cantante conseguiu onte polo disco que vén a presentar “#el disco”, Sanz chegará á
cidade dentro de #LaGira 2020 para tocar os seus grandes éxitos e os novos temas
que van incluídos no traballo e que paseará entre xuño e xullo por nove cidades cun
espectáculo concebido para grandes recintos.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *