A Torre de Hércules tínguese de azul pola paz

Compartir

A Torre de Hércules iluminarase de azul mañá xoves pola noite para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz. O monumento máis sinalado da cidade súmase así a unha xornada de defensa da concordia. O groso das celebracións volverán recaer nos centros escolares, xa que un total de 17 participarán nos actos. O Concello dá unha estimación de 7.600 estudantes que tomarán parte na Marcha Mundial sobrea a Paz e a Non Violencia.

O concelleiro de Educación, Jesús Celemín, defendeu unha educación con valores, e agradeceu o papel do profesorado e equipos directivos escolares para conseguir «mellores persoas, capaces de adquirir coñecementos e unha boa preparación para o futuro». Pola súa banda, Marisa Fernández, portavoz da segunda Marcha Mundial na Coruña, agradeceu igualmente a implicación dos centros no día que conmemora o asasinato de Gandhi e defendeu a iniciativa para espallar conciencia sobre a necesidade de resolver os conflitos de todo tipo en ausencia de violencia. «Hai un soño latente nas novas xeracións que é o de vivir nun mundo pacífico», sinalou.

Carlos Reguera, coordinador da actividade, lembrou que na edición anterior xuntaron 4.000 estudantes nunha cadea humana, cifra que nesta ocasión case se duplicará. O alumnado representará símbolos como figuras de paz, palabras de non violencia e pontes humanas. A directora do CEIP Concepción Arenal, Shyra Flecha, reiterou a disposición dos centros para colaborar en calquera iniciativa que conciencie o estudantado sobre a paz.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *