‘A nosa arte en corentena’ pon en valor o legado artístico do confinamento

Compartir

A Sala de Exposicións Municipal de Palexco e o Quiosco Alfonso acollen a exposición colectiva «A nosa arte en corentena» dende mañá. Na mostra, 42 artistas locais expoñen a súa obra co confinamento e o impacto da pandemia como fío condutor.

Ánxela Caramés e Leticia Castromil foron as encargadas de comisariar esta mostra, que baixo o epígrafe ‘Paisaxes interiores/Paisaxes exteriores’ estará aberta desde o 1 de decembro en horario de 12.00 a 14.00 h e de 18.00 a 21.00 h todos os días ata o 24 de xaneiro. Exhibiranse 128 obras de pintura, escultura, fotografía, estampación, ilustración ou videoprodución, en suma, unha visión ampla da diversidade artística da Coruña, con autores e autoras nacidos entre a década dos
50 e dos 90.

Por mor da situación sanitaria, a mostra non terá inauguración oficial, pero foi visitada esta mañá pola alcaldesa, Inés Rey, quen afirmou que «a mirada destas e destes artistas evidencia o altísimo nivel artístico» local e convida á reflexión «e mediante a creatividade facernos ver os moitos cambios que esta pandemia está a provocar na sociedade, poñendo en primeiro plano cuestións como a importancia da saúde pública, da comunicación persoal ou dos espazos en que vivimos, co valor engadido de facerse en quente, coa arte como vehículo de todas as nosas incertezas”.

A alcaldesa defendeu que “o sector cultural é unha das principais preocupacións do meu goberno, especialmente en medio dunha crise como a presente» e lembrou os «numerosos proxectos para dinamizar o sector, organizando centos de eventos nos últimos meses ou abrindo novas liñas de actuación, como é o caso desta mostra ou de programas que presentaremos axiña”.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *