A música ao vivo volve á Mardi Gras con Igor Paskual

Compartir

A veterana sala Mardi Gras trae o vindeiro venres, 10 de xullo, a Igor Paskual, guitarrista e compositor de Loquillo, para un concerto presentación de «La pasión según Igor Paskual» co que estrea a ‘nova normalidade’. Será un evento con todas as precaucións: redución de aforamento e uso obrigatorio de máscara facial. Será ás 23h con entrada de 10 euros por internet e 12 en taquilla.

O rock paixonal, irreverente e elegante de Igor Paskual soará acompañado pola guitarra do seu compañeiro Ángel Miguel. Logo de dous discos en solitario -«Equilibrio inestable» e «Tierra firme», Paskual presenta agora a súa obra máis complexta e romántica, chea de referencias relixiosas. Declara que esta xira supón «retomar a comunicación do rock no seu nivel máis puro e básico», apostando polas pequenas salas onde «mirar aos ollos á xente».

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *