A familia de Diego Bello pide xustiza

A familia de Diego Bello pide xustiza
Compartir

Hoxe cúmprese un ano e medio da morte do coruñés Diego Bello en Filipinas. O mozo, que era empresario e estaba establecido no país asiático, foi abatido pola policía nunha suposta redada antidrogas. Porén, os seus familiares e amigos defenden que non tiña nada que ver co mundo do narcotráfico. Na outra banda, Filipinas está denunciada por varias organizacións humanitarias por execucións ilegais e extraxudiciais. As autoridades galegas e coruñesas reclamaron xustiza en varias ocasións durante o transcurso deste ano e medio, pero sen demasiado éxito.

De feito, nunha entrevista recente para o xornal La Opinión, o tío do falecido, Francisco Lafuente, explicou que os axentes que lle dispararon e o seu xefe seguen cos seus cargos, malia as peticións de que os cesaran da Comisión de Exteriores do Congreso. O Goberno español, que mantén as investigacións, non conseguiu resultados, afirma Lafuente.

A maiores, a Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas emitiu un informe sobre o caso no que dicían que se violaran os dereitos de Diego e que a versión ofrecida pola policía filipina era moi discutible. Sen embargo, este organismo apenas ten peso realmente, e os que si o teñen, como o Defensor do Pobo Filipino, fixeron caso omiso das peticións e pesquisas sobre o caso. Non era a primeira vez que a policía filipina mataba a alguén nesas condicións, pero si foi a primeira na que a víctima foi unha persoa estranxeira. Os familiares e amigos de Diego Bello, non obstante, non cesan nas súas ansias de coñecer a verdade.